Fai historia con Nós!

Nun contexto cunha sobresaturación e competencia informativa e en pleno auxe das "fake news" e prescriptores dixitais sen fundamento, lanzamos, xunto a Facultade de Historia da Universidade de Vigo, a campaña Fai Historia con nós.

A campaña, baixo un ton irónico e humorístico, utiliza referencias propias da Xeración Z, o público obxectivo, marcando a diferenza entre a "Historia" e "as historias". 

Desde Nasas encargámonos de crear o claim, "Que non che conten historias. Fai Historia con nós", deseñar a imaxe pincipal e adaptala a carteis, roll up e marcapáxinas para a facultade. 

Tamén preparamos distintas pezas de vídeo en liña co claim "que non che conten historias", seguindo as referencias dos vídeos conspiranoicos que tanto acostuman a aparecer en plataformas como TikTok. Cada peza abre cunha conspiranoia absurda sobre datos históricos, con imaxes e voces feitas con IA, para finalmente rachar a mensaxe co claim da campaña. 

Cliente
Facultade de Historia da Universidade de Vigo
Compartir