VACANTE: Redactor contidos dixitais
Descrición de emprego
En Nasas, Axencia Creativa Dixital, estamos buscando unha nova persoa para o noso equipo, desenvolvendo tarefas de creación de contidos dixitais, como xestión de contas en redes socias e blog, xestión de campañas publicitarias en internet: social ads e SEM, xestión da reputación online e escoita activa, creación de contidos para Tik Tok e xestión de colaboracións con influencers.
Se buscas unha axencia onde a túa opinión será relevante, o trato co cliente é directo e as túas propostas son escoitadas, Nasas é o teu sitio.
Requisitos:
-
Compartir o noso compromiso coa sostibilidade, a inclusión e o desexo de xerar un impacto positivo no mundo.
-
Estudos superiores: Licenciatura (Publicidade, Audiovisual, Xornalismo, etc).
-
Redacción creativa e capacidade de conceptualización.
-
Experiencia mínima de 4 anos en cliente ou axencia xestionando contas en redes socias para grandes marcas: contidos, elaboración de informes de reporting, xestión de social ads, xestión de concursos. Achegar exemplos de páxinas en redes sociais que xestionaras para marcas, empresas, entidades, etc.
-
Idiomas: perfecto coñecemento do galego e castelán, falado e escrito (imprescindible). Bo coñecemento do inglés, falado e escrito.
-
Usuario frecuente de redes sociais Facebook, Twitter, Instagram, Linkedin, TikTok e Youtube.
-
Creatividade, curiosidade, proactividade, responsabilidade, autonomía.
-
Experiencia mínima en xestión de wordpress e redacción de contidos para blog.
Desexable:
Experiencia en xestión de campañas Paid Social e SEM (Google Ads).
Experiencia en xestión da escoita activa e monitorización en internet.
Que ofrecemos?
- Bo ambiente de traballo.
- Salario según experiencia e valía do candidato.
- Incorporación inmediata.
Solicitude:
Envía por favor o teu CV con exemplos de contas que xestionaches e un pequeno resumo informal de quen es: que che gusta, interesa, que fixeches previamente (máx. 6 liñas) a info@nasassocialmedia.com co asunto REF. Vacante Nasas Contidos dixitais.