VACANTE: Deseño Gráfico
En Nasas, Axencia Creativa Dixital, estamos a buscar unha persoa para que se incorpore presencialmente ao noso equipo de arte como deseñador/a gráfico/a a tempo parcial (25h).
O que buscamos é...
Unha persoa con experiencia en deseño gráfico no ámbito dixital que sirva como apoio ao Departamento de Arte mentres nos coñecemos, para ir asumindo, pouco a pouco, máis responsabilidades e contas propias.
Para pechar o trato, precisamos que…
- Teñas formación en Deseño Gráfico, Publicidade ou Belas Artes.
- Domines o paquete Adobe (Illustrator, Photoshop, Indesign, Premiere...). Tamén valoraremos coñecementos de After Effects e Motion Graphics.
- Teñas bo gusto estético.
- Sexas unha persoa resolutiva.
- Teñas un bo portfolio.
- Residas na Coruña.
- Compartas o noso compromiso coa sostibilidade, a inclusión e o desexo de xerar un impacto positivo no mundo. Recentemente entramos na rede de empresas B Corp que reúne as mellores empresas por e para o mundo.
O que farás en Nasas
- Deseño e desenvolvemento de creatividade gráfica para campañas en redes sociais.
- Creación de pezas para plataformas on/offline.
- Creatividades para campañas de ads.
- Deseño de presentacións en Power Point ou outros soportes.
- Retoque fotográfico.
- Edición de vídeo, principalmente para redes sociais.
Que che ofrecemos
- Horario de 9:30 a 14:30h (para comezar). Incorporación inmediata.
- Unirte a un equipo xove e multidisciplinar con bo ambiente de traballo.
- Todos os cafés que poidas tomar.
- Toda a froita que poidas comer.
- O día do teu aniversario non tes que traballar.
- Aulas de inglés co resto do equipo.
- Bo ambiente, equipo comprometido e marcas relevantes.
Presenta a túa solicitude
Para ter en conta a túa solicitude, envíanos, por favor, o teu CV actualizado (máximo 1 folla), así como un parágrafo de 4 liñas contándonos quen es e exemplos de portfolio (nun documento ou links) realizados nos últimos tres anos a info@nasassocialmedia.com co asunto "Vacante deseño 2023".
Como viches, esta vacante é a media xornada. Se buscas unha xornada completa agora mesmo, por favor, non nos envíes a túa solicitude nesta convocatoria.
Garantimos discreción no proceso de selección. As persoas seleccionadas serán convocadas para unha entrevista.
Límite de presentación de candidaturas: 5 de novembro.