Que non che conten historias. Fai Historia con Nós!

Que non che conten historias. Fai Historia con Nós!

18 junio 2025
Creatividad , Digital , Social Media

Conspiracións, IA e moitas refes tiktokeiras na nosa última campaña xunto á Facultade de Historia

Sabías que os castros eran pistas de aterraxe para druídas extraterrestres? E que a chegada do home a lúa foi en realidade unha montaxe con bonecos sobre un queixo do Cebreiro? 

Soa a historia, que non a Historia, verdade?

Pois así comezan as pezas da nosa última campaña para a Facultade de Historia da Universidade de Vigo.

 

Fake news vs Historia

Para o noso último traballo xunto a Facultade de Historia de Ourense tiñamos un obxectivo: impactar a xuventude de forma creativa, amosando o Grao de Xeografía e Historia como unha opción atractiva para cursar. 

Como pensamos facelo? Utilizando referencias que están presentes constantemente nos seus feeds, coas que se sinten familiarizados, e que, ao mesmo tempo, gardan moita relación coa historia: as teorías conspiranoicas

Servímonos deste tipo de teorías para crear o claim da campaña, "Que non che conten historias. Fai Historia con nós", e deseñar a imaxe principal. 

 

 

A nosa idea era contrapoñer as fake news, ás que tanto está exposta a rapazada nas redes actualmente, fronte a rigorosidade da Historia, cunha mensaxe potente e unha imaxe que chamase a atención desde o primeiro momento. 

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram
 
 
 

Una publicación compartida de Facultade de Historia Ourense (@historiaourense)

 

Co obxectivo de impactar o noso target desde a súa fonte de información principal, as redes, acompañamos a campaña con diferentes pezas de vídeo seguindo un estilo moi característico de TikTok.

Utilizando a intelixencia artificial, o humor e a ironía, creamos teorías conspiranoicas ficticias sobre feitos históricos, que terminan rachando ca mensaxe principal da campaña, animando a xuventude a aprender da verdadeira Historia na Facultade de Historia do Campus de Ourense.

 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram
 
 
 

Una publicación compartida de Facultade de Historia Ourense (@historiaourense)

 

Podes consultar este e outros traballos no Portfolio da nosa web. E contactarnos se tes un proxecto en mente e queres levalo a cabo de maneira creativa e orixinal. 

Comparte
Código de verificación