Proxecto Probono 2026: abrimos a convocatoria

Proxecto Probono 2026: abrimos a convocatoria

11 marzo 2026
Nosotr@s

Buscamos entidades sen ánimo de lucro de Galicia que necesiten apoio gratuíto en comunicación e márketing.

Desde os nosos inicios, destinamos parte do noso traballo ao noso Proxecto Probono, unha iniciativa coa que apoiamos de xeito gratuíto a organizacións sen ánimo de lucro afíns aos nosos valores, axudándoas a mellorar a súa comunicación a través de accións de márketing.

En 2026, a convocatoria volve estar aberta para todas aquelas entidades que precisen acompañamento na súa comunicación ou coa súa marca.

Servizos cos que podemos axudarvos

Podemos axudarvos co que mellor sabemos facer:

  • Estratexia de márketing
  • Plan de social media
  • Formación en márketing online
  • Campañas de publicidade
  • Imaxe corporativa
  • Creatividade dixital
  • Etc. 
     

Cales son os requirimentos e criterios desexables a cumprir para presentar a solicitude?

Son criterios necesarios para solicitar o Proxecto Probono:

  • Ser unha entidade social ou cultural, non afiliada a ningún partido político ou relixión.
  • Ter uns ingresos inferiores aos 750.000 euros anuais.
  • Ter a sede en Galicia, aínda que o voso traballo se poida realizar en calquera parte do mundo. 

No proceso de selección tamén consideraremos especialmente a aquelas entidades que estean comprometidas cos mesmos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que Nasas:

  • ODS 5: Igualdade de xénero. Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mullleres e nenas.
  • ODS 8: Traballo decente e crecemento económico. Promover o crecemento inclusivo e sustentable e emprego e o traballo decente para todas as persoas.
  • ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos. Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.
     

Como podedes realizar a solicitude?

Para ser unha entidade candidata ao Proxecto Probono tedes que cubrir o formulario de solicitude antes do 30 de abril de 2026.

FORMULARIO DE SOLICITUDE
 

En maio anunciaremos a entidade seleccionada.

Comparte
Código de verificación

Archivo