Proxecto Probono 2024

Proxecto Probono 2024

18 junio 2024
Nosotr@s

Abrimos unha nova convocatoria do noso Proxecto Probono co que entidades sen ánimo de lucro poderán recibir a nosa axuda para mellorar a súa comunicación.

Desde que Nasas iniciou a súa actividade, dedicamos parte do noso tempo a realizar un Proxecto Probono (de balde). Con el axudamos a entidades sen ánimo de lucro que comparten os nosos valores para que desenvolvan unha acción de márketing que lles poida axudar a mellorar a súa comunicación.

En 2024 volvemos abrir convocatoria dirixida a todas aquelas entidades que necesiten axuda coa súa comunicación ou coa súa marca.

 

Servizos que podemos levar a cabo no Proxecto Probono

Podemos axudarvos co que mellor sabemos facer:

  • Estratexia de márketing
  • Plan de social media
  • Formación en márketing online
  • Campañas de publicidade
  • Imaxe corporativa
  • Creatividade dixital
  • Etc.

 

Cales son os requirimentos e criterios desexables a cumprir para presentar a solicitude?

Son criterios necesarios para solicitar o Proxecto Probono:

  • Ser unha entidade social ou cultural, non afiliada a ningún partido político ou relixión.
  • Ter uns ingresos inferiores aos 750.000 euros anuais.
  • Ter a sede en Galicia, aínda que o voso traballo se poida realizar en calquera parte do mundo.

No proceso de selección tamén consideraremos especialmente a aquelas entidades que estean comprometidas cos mesmos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que Nasas:

  • ODS 5: Igualdade de xénero. Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mullleres e nenas.
  • ODS 8: Traballo decente e crecemento económico. Promover o crecemento inclusivo e sustentable e emprego e o traballo decente para todas as persoas.
  • ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos. Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.
     

Como realizar a solicitude?

Para ser unha entidade candidata ao Proxecto Probono tedes que cubrir o formulario de solicitude antes do 10 de xullo de 2024.

 

FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

En xullo anunciaremos a entidade seleccionada.

Comparte
Código de verificación