Proxecto Probono 2023

Proxecto Probono 2023

8 mayo 2023
Nosotr@s

Abrimos a convocatoria do noso proxecto Probono co axudamos a entidades sen ánimo de lucro a mellorar a súa comunicación.

Desde que Nasas botou a andar, dedicamos parte do noso tempo a realizar un Proxecto Probono (de balde), axudando a entidades sen ánimo de lucro que comparten os nosos valores para que desenvolvan unha acción de marketing que lles poida axudar a mellorar a súa comunicación.

Un ano máis, volvemos abrir convocatoria dirixida a todas aquelas entidades que necesiten axuda coa súa comunicación ou coa súa marca, poñendo a nosa experiencia de máis de 10 anos como axencia de publicidade á súa disposición.

 

Servizos que podemos levar a cabo no Proxecto Probono

 

Podemos axudarvos co que mellor sabemos facer:

  • Estratexia de marketing
  • Plan de social media
  • Formación en marketing online
  • Campañas de publicidade
  • Imaxe corporativa
  • Creatividade dixital
  • Etc.

 
Cales son os requirimentos e criterios desexables a cumprir para presentar a solicitude?

 

Son criterios necesarios para solicitar o Proxecto Probono:

  1. Ser unha entidade social ou cultural, non afiliada a ningún partido político ou relixión.

  2. Ter uns ingresos inferiores aos 750.000 euros anuais.

  3. Ter a sede na provincia da Coruña, aínda que o voso traballo se poida realizar en calquera parte do mundo.

No proceso de selección tamén consideraremos especialmente a aquelas entidades que estean comprometidas cos mesmos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que Nasas:

  • ODS 5: Igualdade de xénero. Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mullleres e nenas.
  • ODS 8: Traballo decente e crecemento económico. Promover o crecemento inclusivo e sustentable e emprego e o traballo decente para todas as persoas.
  • ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos. Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.

 

Como realizar a solicitude?
 

Para ser unha entidade candidata ao Proxecto Probono tedes que cubrir o formulario de solicitude antes do 31 de maio de 2023.

 

FORMULARIO DE SOLICITUDE

 

Estamos desexando saber máis sobre os vosos proxectos. En xuño anunciaremos a entidade seleccionada.

Comparte
Código de verificación