Lanzamos unha nova edición de Galego de Tranquis!

Lanzamos unha nova edición de Galego de Tranquis!

25 abril 2025
Creatividad , Digital , Social Media

Memes, linguaxe nativa de redes e, sobre todo, moitas ganas de falar galego. Iso si, sen présas

Un ano máis, levamos a cabo, xunto a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, a campaña Galego de Tranquis, unha iniciativa que ten como obxectivo promover o uso do galego entre a mocidade, creando un ambiente favorable e acolledor para todas as persoas que desexan comezar a falalo pero encontran barreiras como o medo a non facelo ben. 

Galego de Tranquis chega neste 2025 á súa terceira edición, con novas creatividades para redes sociais, colaboracións con creadoras de contido e unha nova activación do Plan de Madriñas e Padriños, mediante o cal a xente interesada en comezar a falar galego pode poñerse en contacto con "madriñas e padriños" para que lles boten unha man neste bonito camiño. 

Novas creatividades e colaboración con creadoras de contido locais

A principal novidade desta edición son as creatividades que deseñamos para a campaña en redes sociais.

Dirixíndonos a un público de primeiro ano na Universidade, apostamos por adaptar ao noso obxectivo dinámicas propias da plataforma coa que a mocidade síntese máis conectada: TikTok. Cun ton divertido, seguindo o carácter desenfadado da campaña, e unha linguaxe nativa de redes sociais, as creatividades amosan situacións cotiás nas que se anima á rapazada a comezar a falar galego sen présas, aos pouquiños, de tranquis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para amplificar a campaña, levouse a cabo unha colaboración coa creadora de contido Ana Paz. Ana é alumna da Universidade de Vigo e comezou a falar galego hai uns poucos meses, polo que o seu perfil encaixaba á perfección para levar ao noso target a mensaxe que queríamos transmitir. 

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de ana ???? (@anaaapaz)

Ademais, dentro da fase de amplificación, realizamos unha activación de social ads dirixida ao alumnado da UVigo.

Ter a posibilidade de utilizar a nosa creatividade para achegar a lingua e a cultura galega á xente é algo de gran valor para nós. Estamos encantadas de ter a sorte de chegar a esta terceira edición de Galego de Tranquis.

Podes encontrar máis campañas creativas no noso portfolio.

 

Comparte
Código de verificación