Abrimos convocatoria para o Proxecto Probono 2025!
Abrimos convocatoria para o Proxecto Probono 2025!
Desde os inicios de Nasas, dedicamos parte do noso tempo a iniciativa do noso Proxecto Probono. Con el axudamos, de balde, a entidades sen ánimo de lucro que comparten os nosos valores para que desenvolvan unha acción de márketing que lles poida axudar a mellorar a súa comunicación.
Este 2025 abrimos de novo unha convocatoria dirixida a todas aquelas entidades que necesiten axuda coa súa comunicación ou coa súa marca.
Servizos que podemos levar a cabo no Proxecto Probono
Podemos axudarvos co que mellor sabemos facer:
- Estratexia de márketing
- Plan de social media
- Formación en márketing online
- Campañas de publicidade
- Imaxe corporativa
- Creatividade dixital
- Etc.
Cales son os requirimentos e criterios desexables a cumprir para presentar a solicitude?
Son criterios necesarios para solicitar o Proxecto Probono:
- Ser unha entidade social ou cultural, non afiliada a ningún partido político ou relixión.
- Ter uns ingresos inferiores aos 750.000 euros anuais.
- Ter a sede en Galicia, aínda que o voso traballo se poida realizar en calquera parte do mundo.
No proceso de selección tamén consideraremos especialmente a aquelas entidades que estean comprometidas cos mesmos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que Nasas:
- ODS 5: Igualdade de xénero. Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mullleres e nenas.
- ODS 8: Traballo decente e crecemento económico. Promover o crecemento inclusivo e sustentable e emprego e o traballo decente para todas as persoas.
- ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos. Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.
Como realizar a solicitude?
Para ser unha entidade candidata ao Proxecto Probono tedes que cubrir o formulario de solicitude antes do 25 de xuño de 2025.
FORMULARIO DE SOLICITUDE
En xullo anunciaremos a entidade seleccionada.